4/5/14

MAIOS 2014

Centos de persoas na Festa dos Maios 2014

Un día de festa en Piñeiros

Este sábado tivo lugar como cada ano a tradicional festa dos Maios en Narón, que conmemora dende antigo o inicio da primavera no noso país. Centos de persoas congregáronse no Adro da Igrexa de Piñeiros para partir en comitiva ata as inmediacións do Local Social acompañados pola Banda de Gaitas do Padroado da Cultura así como polos grupos de baile tradicional e pandereteiras. 
Acompañaron aos maios da nosa entidade o do Fogar de Maiores da Fundación Terra de Trasancos do Val, o da A.VV.Virxe de Fátima, o da Residencia de Maiores do Alto e o da A.S.C. de Minusválidos. Especial ilusión nos fixo a participación por primeira vez nesta festa dun maio vivinte, un veciño do Val que con moita arte e algo de paciencia elaborou un traxe de maio feito de xestas, felgos, abelurias e outros arbustos autóctonos, o que chamou a atención do numeroso público asistente.
Dende Areosa queremos agradecer dun xeito especial a participación das entidades e grupos que nos acompañaron neste festa, así como ao Concello de Narón por seguir apostando pola recuperación da nosa cultura e tradicións, e por suposto a todos os veciños e veciñas de Narón por ternos acompañado un ano máis.

Maio vivo

Para ver máis fotos visite a nosa GALERÍA