Quen somos


 A Sociedade Cultural Areosa nace no ano 1979 pola inquedanza dun grupo de veciños e veciñas de Piñeiros decididos a impulsar a recuperación da nosa cultura tradicional, así como a dinamizar unha das parroquias máis puxantes do Narón ainda rural que soñaba cun futuro diferente.

Hoxe, 35 anos despois, Areosa quere seguir a ser unha referencia dentro do movemento asociativo de Narón, cun amplo abano de actividades culturais, moitas delas recuperadas ou iniciadas de xeito pioneiro hai máis de 30 anos polos homes e mulleres que formaron parte da nosa entidade dende os albores da democracia ata hoxe.

Benvidos todos, a este espazo web que quere ser un lugar máis de cultura e encontro no que Areosa se abre ao mundo para dar a coñecer un pasado do que se sente orgullosa, un presente cheo de vida, e un futuro ilusinante.