29/4/14

MAIOS 2014

SÁBADO 3 DE MAIO


Este sábado como cada ano coa chegada do mes de maio, a Sociedade Cultural Areosa e o Padroado da Cultura do Concello de Narón organizan a tradicional Festa dos Maios, que dende hai máis de 30 anos recuperou a nosa entidade en Narón.

PROGRAMA

17 h.       Concentración dos Maios no Adro da Igrexa de Piñeiros
17.30 h   Saída da Comitiva dos Maios pola Estrada de Castela ata o Local Social de Piñeiros.
18 h        Actuación dos grupos de baile tradicional e gaitas do Padroado da Cultura.
19h         Fin de festa cunha Chocolatada

Ademais o sábado pola tarde e o domingo en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas estará aberta a exposición de traballos do curso de Arte Floral así como dos nenos e nenas dos colexios de Narón.