15/1/15

Entroido 2015

A nosa comparsa, Os Parrandolos, traballan a reo e intensifican os seus ensaios para ter todo listo para este entroido 2015 que xa está á porta.

Como cada ano dende 1983, Os Parrandolos dispóñese a celebra o Entroido participando nos festivais organizados en toda a comarca por concellos e entidades veciñais. Narón, Neda, Ferrol, Fene e Valdoviño, serán os lugares nos que a comparsa fará as súas actuacións, e onde os seus gobernantes terán que aguantar as sátiras das súas cancións, nas que tamén teñen un lugar destacado os principais persoeiros da política estatal e galega.
Os Parrandolos 2014