29/6/14

As Palilleiras de Areosa despiden o curso en Piñerios e Sedes

As Palilleiras da nosa entidade despediron o curso como é costume cunha merenda celebrada o pasado martes, último día de obradoiro. 

Este ano ademais, participaron cunha exposición e demostración en vivo do seu traballo no III Encontro Interxeneracional organizado polo Concello de Narón no recinto da Feira do Trece en Sedes o pasado sábado.
Exposición de traballos en Sedes