29/6/14

Areosa participa na campaña "Como cho digo"

A Sociedade Cultural Areosa súmase á campaña en favor da visibilización do galego nos medios de comunicación.

A nosa entidade ben de sumarse á campaña "Como cho digo" levada a cabo pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Esta iniciativa foi presentada en Narón o pasado día 25 no Café Teatro do Pazo da Cultura pola Concelleira de Ensino, Mª Carmen Espada, e pola traballadora de normalización lingüística do Concello, Adela Pita. No trascurso do acto animouse a todas as entidades sociais de Narón a participar nesta campaña á que Areosa se sumou ao día seguinte asinando o seu manifesto.