15/1/15

Entroido 2015

A nosa comparsa, Os Parrandolos, traballan a reo e intensifican os seus ensaios para ter todo listo para este entroido 2015 que xa está á porta.

Como cada ano dende 1983, Os Parrandolos dispóñese a celebra o Entroido participando nos festivais organizados en toda a comarca por concellos e entidades veciñais. Narón, Neda, Ferrol, Fene e Valdoviño, serán os lugares nos que a comparsa fará as súas actuacións, e onde os seus gobernantes terán que aguantar as sátiras das súas cancións, nas que tamén teñen un lugar destacado os principais persoeiros da política estatal e galega.
Os Parrandolos 2014

18/12/14

Festival de Panxoliñas

Sábado 20 de decembro ás 19 horas

Igrexa de Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros

            Participan:

Nenos e nenas da Catequese Parroquial

Rondalla Mugardesa

Coral Areosa
 

 

21/10/14

Celebración do 35 Aniversario de Areosa

Programa de Actos 








Sábado 25 de Outubro

Ás 12 do mediodía: Ofrenda floral no monolito a Rosa Piñón, no Adro da Igrexa de Piñeiros, lembranza dos socios/as finados.

Ás 5 da tarde no Local Social de Piñeiros:

- Inauguración da Exposición "Areosa, 35 anos de traballo colectivo"

- Nomeamento de Socios e Socias de Honra

- Concerto da Banda Infantil Sementeira

Ao rematar, compartiremos unha copa de viño galego e un petisco.